D. Uxío que foi o noso párroco durante varios anos envíanos a seguinte felicitación:
Felicidades a fermosa Parroquia de Santa María de Baredo con motivo dos 200 anos de andadura como comunidade parroquial de seu, coa protección da Virxe María Nosa Señora da Cela. Que o faro de luz que é Xesucristo e o resplandor da súa nai brillen na vida e no corazón do pobo de Baredo para que siga navegando con bo ánimo e fe esperanzada.
Felicidades para todos, especialmente para os mariñeiros e todos os que traballan no arriscado e duro traballo do mar.
Nós dicímoslle:
Moitas grazas. Durante os anos que estivo entre nós, conseguiu acender a mecha para que no noso corazón brillasen Xesús e María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Si quieres comentar no tengas inconveniente. Solo te ruego que seas educado y no uses nunca palabras soeces ni injuriosas. En caso contrario tendría que anularlo a continuación. Muy agradecido.