18 mar 2012

25 de marzo: Bicentenario de nuestra Parroquia


Cando, no século XVI, Henrique VIII, reinaba en Inglaterra, ordenou queimar e destruír todas as estatuas relixiosas no seu país. Algunhas foron lanzadas ao mar, impedindo a súa destrución, surcando entre as ondas a outros lugares.

Naquela época, os mariñeiros de Baredo, baixaban a pescar para atopar comida para a súa familia. Aqueles eran tempos de fame e pobreza.

Unha desas mañás frías, viron algo que brillaba entre as rochas. Súa curiosidade e, ao mesmo tempo, medo ao descoñecido, os moveu ata acercarse sixilosamente e descubrir que se trataba dunha imaxe dunha virxe cun neniño no seu brazo, posiblemente de orixe inglesa. O seu asombro os conmoveu, non estaba danada, despois de estar navegando durante moitos días, tal vez anos.

Deseguida collérona e escondérona nun lugar seguro, "A Cela”, tapada entre feitos e toxos. Correndo, foron a avisarlle a todo o pobo, pois estaban moi emocionados, aparecera unha virxe, a cal xa lle puxeran un nome: “ A Virxe da Cela”.
Un numeroso grupo de veciños, dirixiuse ao lugar onde a ocultaran. Alí decidiron construír unha pequena ermita para renderlle culto. En poucos días, co traballo de moitos deles, remataron a edificación.

En Baredo, non había ningunha igrexa para asistir á misa, nin cemiterio. A xente tiña que dirixirse andando ata Bahíña. Non era un camiño curto nin sinxelo. Era necesario facer varias paradas para repoñer forzas ou apagar a sede nos días calorosos do verán. “A Fonte dos Mortos” era un lugar de parada obligada para refrescarse, sobre todo cando levaban as caixas cos cadáveres dunha aldea ata outra. No inverno, cos temporais, nin sequera podían camiñar.

A pesares, de todas estas circunstancias, obrigaron a trasladar a imaxe para Bahíña. Habilitaron un carro de bois, para realizar a viaxe. Cando levaban un anaco de camiño, os bois paráronse e foron incapaces de facelos camiñar, probando infinidade de métodos para que andivesen.
 
A Virxe da Cela prefería quedarse en Baredo. Así ocorreu, construíron a igrexa actual, rematada no 1812, na que se segue venerando hoxe en día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Si quieres comentar no tengas inconveniente. Solo te ruego que seas educado y no uses nunca palabras soeces ni injuriosas. En caso contrario tendría que anularlo a continuación. Muy agradecido.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...